Homofobia interiorizada
Aparencia
Homofobia interiorizada, homofobia internalizada ou homonegatividade internalizada é o medo, odio ou repulsa da propia homosexualidade. Este tipo de homofobia maniféstase frecuentemente de forma consciente e inconsciente, contra outros membros da comunidade LGBTI.[1]
Segundo un estudo realizado en conxunto polas universidades estadounidenses de Essex, Rochester e California, a homofobia interiorizada podería a ser maior entre persoas homosexuais ou bisexuais que non aceptaron a súa propia condición sexual. Nestes casos, a homofobia pódese manifestar verbal ou fisicamente contra outras persoas LGBTI, e sería unha forma de reprimir o propio desexo que, por diferentes motivos, é inaceptable para si mesmo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Homofobia interiorizada: personas LGTBI que se rechazan a sí mismas y al colectivo". Código Nuevo (en castelán). 22 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Homofobia tende a ser maior entre pessoas que têm atração pelo mesmo sexo, diz estudo". Universa (en portugués). 10 de abril de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Diversidade sexual |